Modo en liña · Moi pronto

Amarracos mus en liña

Partidas con outras persoas e unha clasificación para todos.

Clasificación

Os nomes e puntuacións da clasificación son públicos. Só contan as partidas clasificatorias.

Como se calcula a puntuación

A clasificación usa un sistema tipo Elo, concretamente Glicko-2. Todos comezan en 1500 puntos. Gañas puntos se vences, e máis se o rival é mellor ca ti. Se perdes contra alguén máis débil, pérdelos.

Como se xoga en liña

Partida rápida

Emparellámoste con outras persoas. Se falta xente, entran bots.

Mesa privada

Crea unha mesa, comparte o seu código de 4 letras e xoga cos teus amigos.

Frases e sinais

Fálaslle ao teu compa con frases predefinidas e sinais. Non hai chat libre.

Tres plataformas

iPhone, web e Android comparten servidor e clasificación. As contas de convidado son, por agora, por dispositivo.

Datos

O modo en liña garda no noso servidor o nome de xogador que elixas, un identificador de convidado e a túa puntuación e partidas. Non pedimos correo, teléfono nin localización. Máis na política de privacidade.